martes, 14 de decembro de 2010

O Nadal chega ao CPI A Xunqueira

Co mes de decembro chegan os exames, as avaliacións,as notas... pero tamén chega o Nadal. No noso colexio ademais de traballar nas clases para este fin de trimestre tamén temos tempo para organizar a Festa de Nadal. Dende colaborar na elaboración do Belén, coma no Festival ou no concurso de tarxetas ...Participamos con ilusión, sen importarnos o traballo que supón.
É o noso agasallo para este Nadal. Felices Festas!!


Mensaxe das SS MM os Reis Magos de Oriente

Acabamos de recibir un email cun vídeo para todos os nenos e nenas do CPI A Xunqueira. No vídeo aparecen as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente enviando unha mensaxe a todos os escolares no noso cole.
Aí vai o vídeo: