xoves, 22 de decembro de 2011

25 de Novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 do 17 de decembro de 1999, celébrase anualmente cada 25 de novembro en memoria das irmáns Mirabal. Estas tres activistas políticas dominicanas foron asasinadas no ano 1960 por orde do dictador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

Por violencia contra a muller enténdese: "..Todo acto de violencia baseado no xénero que ten como resultado posible ou real un dano físico, sexual ou psicolóxico, incluidas as ameazas, a coerción ou a privación arbitraria de liberdade, xa sexa que ocorra na vida pública ou na privada" (Asamblea Xeral da ONU, Resolución 48/104, 20 de decembro de 1993).

A continuación tedes un simpático vídeo protagonizado por alumnos de Educación Infantil para conmemorar este día


Pensa o que sentes, sinte o que pensas

Fermoso vídeo elaborado por alumnos e alumnas dun instituto en torno a un tema: violencia de xénero. Leonor é unha rapaza que ten un noivo, Ismael, da súa idade. Ao principio da relación todo vai ben, pero el pouco a pouco vai volvéndose máis agresivo e celoso.

martes, 13 de decembro de 2011

Chega o Nadal ao noso cole!!!

Durante a semana pasada e un pouco desta Teresa, a profe de Plástica, montou un belén na entrada do centro. Este ano resultou bastante espectacular. É moi grande, con figuras e casas preciosas, feitas polos alumnos/as do noso centro. Aínda que están dándolle os últimos retoques, nós queriamos amosaros unha mostra do bonito que está quedando.
Este é o noso espectacular belén!!!!

mércores, 7 de decembro de 2011

Yo estudié en la pública

YO ESTUDIÉ EN LA PÚBLICA é unha asociación cidadá en defensa do Ensino Público. Dende o colexio ata a Universidade, reivindica a importancia que para un país ten un ensino público de calidade. Se queres darlle o seu apoio, podes facelo dende esta páxina web:

luns, 5 de decembro de 2011

"Queres potenciar a intelixencia de teu fillo/a? Averigua que lle apaixona", Howard Gardner

Howard Gardner, neuropsicólogo e profesor en Harvard recibía este ano o Príncipe de Asturias na categoría das Ciencias Sociais. Este investigador, fillo de alemáns fuxidos do nazismo,mantén que non existe so unha intelixencia, senón oito: a lingüística, a lóxica-matemática, a visual-espacial (debuxar, interpretar un mapa), a musical, a corporal (danza, deportes), a intrapersoal (coñecemento dun mesmo), interpersoal (coñecementoi das persoas) e a naturalista (observación e clasificación das cousas).

Preme na imaxe

mércores, 30 de novembro de 2011

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro de 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou e proclamou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos cun ideal común:
Que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a través dos sus gobernos e das súas institucións, para para promover, inspirándose nos Dereitos de dita Declaración, a través do ensino e da educación medidas progresivas que garantan o recoñecemento destes dereitos e liberdades.
Vai xa moito tempo dende que foi aprobada a Declaración dos Dereitos Humanos e aínda queda moitísmo por facer.

A continuación, varios enlaces que nos poden axudar na celebración deste día:
                                                   preme na imaxe

Outros enlaces:



sábado, 26 de novembro de 2011

Do 14 ao 18 de novembro, semana da froita

A semana do 14 ao 18 de novembro celebramos a semana da froita de outono. As froitas que consumimos foron: mazás, peras, granadas, mandarinas e plátanos. Esta experiencia resulta cada vez mellor pois imos conseguindo que os nosos alumnos/as valoren a importancia da alimentación sana. Cada día explícanse nas clases o beneficio que supón para o noso corpo o consumo da froita dese día.
Se queredes coñecer estes beneficios, preme na imaxe:

martes, 22 de novembro de 2011

20 de Novembro Día da Infancia

O día 20 de Novembro conmemoramos a aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno. Queremos recordar con esta entrada que a Nutrición, a Saúde, a Supervivencia e o Desenvolvemento son dereitos humanos recollidos neste tratado internacional, o máis ratificado da historia.


xoves, 17 de novembro de 2011

Reduce. Ti tes a chave

Sogama, en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, acaba de lanzar unha campaña educativa bautizada co título “Reduce. Ti tes a chave”, coa que se pretende concienciar á poboación sobre a necesidade de producir menos lixo, proporcionando as claves sobre as boas prácticas ambientais a pór en marcha  para acadar este obxectivo.  

domingo, 13 de novembro de 2011

Acoso escolar, todos somos responsables

Os alumnos/as de 1º de Bacharelato do IES El Calero de Telde (Gran Canaria) elaboraron este vídeo que alerta sobre o bullying ou acoso escolar e a responsabilidade de todos na integración de todos.


venres, 11 de novembro de 2011

16 de Novembro, Día Mundial da Tolerancia

A UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura) declarou o ano 1995 Ano das Nacións Unidas para a Tolerancia. No seu transcurso levouse a cabo unha campaña mundial a favor da tolerancia e a non violencia.
O Día Internacional da Tolerancia ten a súa orixe no pulo dese ano, concretamente no día16 de Novembro ao ser este o día no que se estableceu a Declaración de Principios sobre a Tolerancia. No seu artigo 4 -referente á educación- afirma que a educación é o medio mais eficaz de previr a intolerancia ( 4.1) e debe ser considerada un imperativo urxente (4.2).




martes, 8 de novembro de 2011

"Así remata a vida e comenza a supervivencia"



En 1855 o cacique Seattle, da tribo Suquamish, do Estado de Washington, enviou esta carta ao presidente dos Estados Unidos (Francis Pierre), despois de que o goberno dera a entender que pretendía comprar o territorio ocupado por aqueles indios. A carta:

O gran xefe de Washington mandou dicir que quer comprar a nosa terra. O gran xefe tamén nos enviou palabras de amizade e bós desexos. Isto é moi amable da súa parte, pois nós sabemos que él non necesita da nosa amizade. Nós imos pensar na súa oferta pois sabemos que, de non facelo así, o home branco virá coas armas e quitaranos a nosa terra. O gran xefe Seattle dí: “O gran xefe de Washington pode verdadeiramente confiar en nós, do mesmo xeito que os nosos irmáns brancos confían no retorno das estacións. As miñas palabras son coma as estrelas: nunca se deteñen.


¿Como se pode comprar ou vender o ceo, a calor da terra? Esta idea énos extraña. Nós non somos donos da pureza do ar ou do brillo da auga, logo...¿Como no-los poden comprar?. Toda esta terra é sagrada para o meu pobo. Cada folla relucinte, tódalas praias, a néboa nas fragas escuras, cada clareira e tódolos zunidos dos insectos son sagrados nas tradicións e crenzas do meu pobo.


Sabemos que o home branco non comprende o noso xeito de vida. Para el un anaco de terra e igual ao outro. Porque el é un extraño que ven pola noite e roúballe á terra todo. A terra non é a súa irmá, nen a súa amiga. Despois de esgotala, abandónaa, ainda que nela deixe a sepultura do seu pai. Esquilma a terra dos seus fillos. Nada respecta. Esquece os antepasados e os dereitos dos fillos. A súa avaricia empobrece a terra e deixa tras sí os desertos.


As súas cidades son un tormento para os ollos do home vermello, máis se cadra isto é así porque o home vermello é “un salvaxe que nada comprende...”.Non se pode atopar paz nas cidades do home branco. Nin lugares onde escoitar o zunir das follas das árbores e das ás dos insectos. Tal vez por ser “un salvaxe que nada entende” o barullo das cidades é terrible para os meus oidos. ¿E que especie de vida é aquela na que o home non pode ouvir a voz do corvo nocturno ou a conversa dos sapos na charca?. O indio prefire o suave murmurio do vento sobre o espello da auga e o propio cheiro do vento purificado pola chuvia do mediodía e o recendo dos arumes dos pinos. O ar é precioso para o home vermello, porque tódolos seres vivos respiran o mesmo ar: animais, árbores, homes. Ao home branco non parece importarlle o ar que respira: coma un moribundo, é insensible ao mal cheiro.

Se eu me decido a aceptar a proposta do home branco fareino con esta condición: o home branco debe tratar aos animais coma se fosen os seus irmáns. Eu son un salvaxe e non comprendo que poda ser outro o trato. Vin milleiros de búfalos apodrecendo nas praderías abandonados polo home branco que os abatía a tiros disparados dende o tren. Son un salvaxe e non comprendo como un fumeante cabalo de ferro pode ser máis valioso ca un búfalo que nós, peles vermellas, matábamos só para poder sobrevivir. ¿Que é o home sen os animais? Se tódolos animais morresen o home morrería dunha grande depresión do espírito, porque todo o que lles acontece aos animais poderá tamén acontecerlle aos homes. Todo canto fire á terra, fire tamén aos fillos da terra.


Os nosos fillos viron ós seus pais humillados na derrota. Os nosos guerreiros sentiron vergoña e, tra-la derrota, pasan o tempo ociosos e envelenan o seu corpo con doces comidas e bebidas ardentes. Pouco importa onde pasaremos os nosos derradeiros días, non somos moitos. Unhas poucas horas, uns poucos invernos e ningún dos fillos das grandes tribos que viviron nestas terras ficará para chorar, sobre as sepulturas, a un pobo que un día foi tan poderoso e cheo de confianza coma o noso.

Unha cousa sabemos: que o home branco tal vez un día descubra que o noso Deus é o seu. Vostedes pensan agora que o posuen, como desexan posuir a nosa terra. Mais non pode ser. El é Deus de todos e quer igual ao home vermello e ao home branco. A terra é algo moi preciado para El. Causar dano á terra é demostrar desprezo polo Creador. O home branco tamén vai desaparecer, se cadra, ainda máis a presa cas outras razas. Segan a contaminar a súa propia cama e afogaran unha noite no seu propio deserto. Despois de abatido o derradeiro búfalo e domados tódolos cabalos salvaxes, o recanto segredo da fraga pisada coa esencia de moitos homes e os outeiros escarpados cheos dos murmurios das esposas ¿Onde ficarán? Nada quedará. ¿E as aguias? Tampouco estarán. Dicir adeus a voar, cazar... será o fin da vida e o comenzo da loita pola supervivencia.


Tal vez comprenderíamos os soños do home branco se soubésemos que esperanzas transmite aos seus fillos nas longas noites de inverno, que visións de futuro lles ofrece para que podan construir os seus desexos do día de maña. Pero nós somos salvaxes. Os soños do home branco están ocultos para nós, por iso temos que escoller o noso propio camiño. Se consentimos o acordo é para garantir as reservas que nos prometestes. Alí quizais poidamos vivir os nosos últimos días como desexamos. Despois que o derradeiro pel vermella desapareza da terra e a súa memoria sexa somente a sombra dunha nube atravesando as pradarias, a alma do meu pobo continuará a vivir nestas fragas e ribeiras porque nós amámoas coma un recén ama o bater do corazón da súa nai.

Se te vendemos a nosa terra, ámaa coma nós a amamos. Protéxea coma nós a protexemos. Nunca esquezas como era a terra cando dela tomaches posesión. Con toda a túa forza, o teu poder e todo o teu corazón consérvaa para os teus fillos e ámaa coma Deus nos ama a todos. Unha cousa sabemos: o voso Deus e o noso é o mesmo. Esta terra é querida por El. Ningúen, nen o home branco, pode evitar o noso destino común.

sábado, 22 de outubro de 2011

Os Heroes de Fukujima

O venres 22 de outubro, cinco representantes do colectivo "Heroes de Fukujima" recolleron no Teatro Campoamor de Oviedo o Premio Príncipe de Asturias polo seu coraxe, sentido do deber, conciencia cívica e defensa do ben común.

 Vestidos de uniforme, cinco representantes deste colectivo que se deu en chamar "Heroes de Fukujima" recordaron a todos aqueles operarios que aínda seguen na central realizando labores para combater o siniestro.

martes, 18 de outubro de 2011

mércores, 12 de outubro de 2011

O CPI A Xunqueira, en apoio ao Ensino Público

O martes 11 de outubro, e diante dunha pancarta en apoio ao ensino público, os profesores/as do CPI A Xunqueira concentráronse no patio de recreo.
Por unha escola de tod@s e para tod@s!!!




venres, 7 de outubro de 2011

Un regalo para todos/as: Un momento ZEN

Un momento ZEN, para relaxarnos ao final dunha dura xornada.

Apertas!!!!

"Aperta" é o título desta curtametraxe alemana gañadora dun premio no certamen de curtametraxes europea.
Unha aperta sanadora para o alma!!!
Que gocedes con ela!


mércores, 5 de outubro de 2011

Prexuízos escolares

Esta curtametraxe foi elaborada pola Escola de Cine para nenos/as e xoves "Un perro andaluz" de Zaragoza.

martes, 4 de outubro de 2011

Rita Levi, unha muller extraordinaria

Rita Levi-Montalcini naceu en Turín (Italia) no anos 1909. Licenciada en Mediciña e doutorada en Neurociruxía recibeu unha morea de premios ao longo da súa vida. Entre eles, o premio Nobel de Mediciña no ano 1986, que comparteu co seu axudante Stanley Cohen.
O 18 de abril de 2009, cando Rita Levi cumpría 100 anos, o diario El País publicou esta entrevista:

Preme na imaxe







luns, 3 de outubro de 2011

Que lonxe quedan xa as vacacións!!!

Apenas hai tres semanas que comezou o curso e xa parece que hai moito!!!
Buscando unha entrada que nos preparara para comezo de curso, atopamos este vídeo.
Agardamos que disfrutedes con el !!
Sorte para o curso que comeza!!

sábado, 16 de xullo de 2011

Gústanos o Teatro de guiñol!!!

Os rapaces e rapazas de 5º de Primaria construíron unhas marionetas en papel maché para E. Plástica. Con elas representaron varios contos tradicionais (Os Tres Porquiños, A Bela Durminte, Carapuchiña Vermella, ...) diante dos nenos e nenas de E. Infantil.

Preme nos enlaces seguintes o poderás opinar por ti mesmo:
Carapuchiña Vermella
Os Tres Porquiños

domingo, 26 de xuño de 2011

venres, 24 de xuño de 2011

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN 2007/11 DE 4º DE SECUNDARIA



Se despois de todo este tempo xuntos só aprendestes o valor da palabra, da comprensión, da tolerancia; se aprendestes o valor do esforzo, de confianza nas vosas propias forzas; se aprendestes o valor verdadeiro dos compañeiros/as, dos amigos/as, e tamén dos profesores/as.
Se despois de todo este tempo aprendestes que ese tempo non vai voltar e que deberedes encarar o futuro fronte a fronte para poder conquistalo ... Nós nos damos por satisfeitos.
Moita sorte e ata sempre!!!!
Os vosos profesores/as!!!

xoves, 23 de xuño de 2011

Adeus a Infantil!!!

Son a promoción 2007/2011 de E. Infantil quen se despide este curso da etapa educativa dos máis pequerrechos. Aquí están coa súa profe Inés. En Setembro empezarán Primaria.
Feliz verán a todos!!!
Felices vacacións!!!


mércores, 22 de xuño de 2011

DESPEDIDA DA PROMOCIÓN 2005/11 DE 6º DE PRIMARIA


Hoxe foi o último día de clase do curso 2010/11. Os mellores días dun colexio son o primeiro día de clase e o último, pola alegría e ilusión que representan para todos os alumnos e alumnas estes días. O primeiro día é o momento da presentación para os alumnos e alumnas novos, o reencontro para os que xa estaban. O último día é alegre porque ... por fin! remata o cole, chega o verán, o descanso, a praia, os xogos, ... 
Pero cando que remata un curso tamén é tempo de despedida. Hoxe despedimos á promoción 2010/11. Non puidemos saúdar a Pablo nin a Ismael pois estaban enfermos. Mandamos o saúdo dende este blog: Que se melloren!!






Feliz verán para todos!!! Vémonos en setembro!!!

martes, 7 de xuño de 2011

Separa e Recicla

SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) adscrita á Consellería de Medio Ambiente ten como lema:
"Traballamos, educamos, actuamos por un futuro sostible"

SOGAMA en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente vén de editar un xogo interactivo sobre recollida selectiva coa intención de formar usuarios na axeitada clasificación de residuos.
Preme no enlace "Separar para reciclar" e ... a xogar!!!
Este xogo ten tres niveis de dificultade e consiste en arrastrar refugallos aos colectores correspondentes, evitando que estes choquen entre sí. O marcador variará en función dos residuos acumulados en cada un dos recipientes e o baleirado dos mesmos en prazo.

Esperamos que disfrudes co xogo !!!

xoves, 26 de maio de 2011

26 de maio, Día da Nectarina (ou Peladillo)

Hoxe xoves foi o día dedicado á nectarina.A nectarina ou peladillo é un cruzamento de melocotón e ameixa que se converteu na froita preferida da tempada estival. Xurdiu buscando un tipo de froita doada de comer, que gustase a todo o mundo e, para moitos, unha opción ao melocotón. O seu nome fai referencia ao néctar e á dozura especial do seu sabor. Existen dúas variedades: de carne amarela e de carne branca. A que nós comimos hoxe foi a de carne branca.
BENEFICIOS
  • Alto poder depurativo do organismo.
  • Baixo contido calórico, ideal para dietas de adelgazamento ou para as persoas que queiran manter o seu peso.
  • Alto contido en provitamina A, necesaria para o bo estado da pel e as mucosas, e para unha correcta visión.
  • Reforza o sistema inmune, protexéndonos de enfermidades.
  • Contén pectina (fibra soluble) polo que ten propiedades laxantes.
  • O seu contido en magnesio confírelle propiedades sedantes, polo que se recomenda en situacións de estrés



mércores, 25 de maio de 2011

25 de Maio, Día da Cereixa

A cerdeira é unha pequena árbore froiteira procedente da cidade de Cesaronte (Asia), segundo conta a tradición. Existen numerosas variedades de cereixas. Hainas de sabor doce (as máis coñecidas), e amargas. Caracterízase por ser unha froita refrescante, que sempre senta ben en calquera momento do día.
BENEFICIOS
  • Destacan por ser depurativas, enerxéticas e desinfectantes, á vez que axudan en casos de estrinximento ao ser un pouco laxantes.
  • É unha froita rexeneradora de tecidos orgánicos, sendo recomendada en casos de arterioesclerose, obesidade, artrite, estrinximento, trastornos gástricos e reumatismo.
  • É aconsellable tanto para nenos/as como para anciáns.
  • Pode ser utilizada para mascarillas faciais, esmagadas sobre a cara favorecen ao cute.

martes, 24 de maio de 2011

24 de maio, Día do Albaricoque

O albaricoque, tamén coñecido como damasco, é unha froita esférica, de cor amarelenta ou laranxa, aveluda, de saber doce e lixeiro. Posúe un aspecto similar ao melocotón.
BENEFICIOS
  • Contén unha elevada cantidade de auga.
  • Destácase por albergar bos niveis de fibra (ideal para o tránsito intestinal)
  • Está considerado un excelente antioxidante natural.
  • Grazas ao caroteno, comprobouse que o consumo de albaricoque axuda a previr a Nictalopía, mala visión nocturna.
  • Favorece o tratamento e prevención de afeccións da pel e sistema respiratorio.
  • É ideal para incluír nas dietas polo seu baixo nivel calórico.
  • O albaricoque é rico en aceite. É un elemento ideal para agregar a calquera tipo de máscaras faciais e, mesmo, para utilizar como aceite corporal de primeira calidade (moitos o utilizan como remedios caseiros para eliminar e borrar estrías, engurras e combater a celulite).

23 de maio, Día da Mazá

Resultou un éxito este día. Xa imos conseguindo que a aqueles nenos/as aos que non lles gustaba a mazá foran cambiando de opinión. Aquí tedes a Bruno, que xa come mazás sen poñer caras raras !!!!


domingo, 22 de maio de 2011

III Semana da Froita

Esta semana que empeza, do 23 ao 27 de maio, será a nosa última semana da froita deste curso. Xa hai espectación nos alumnos e alumnas polas froitas que imos tomar. O cartel está á entrada do centro para que todo o mundo o vexa, cos carteis indicativos dos beneficios das froitas desta semana:

  • Mazás
  • Albaricoques
  • Cereixas 
  • Nectarina

Xa contaremos nesta bitácora como vai resultando.

Festival da galeguidade 2011

O venres 13 de maio no noso centro celebramos o anual festival da galeguidade, coincidindo coa proximidade do Día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Lois Pereiro, poeta e escritor galego que naceu en Monforte un 16 de febreiro de 1958 e morreu o 24 de maio de 1996. Cando a Academia Galega anunciou a Lois Pereiro como homenaxeado deste ano 2011, Manuel Rivas dixo:
"Dedicarlle a Lois o Día das Letras 2011 foi unha decisión valente da Academia, porque é un autor de culto, pero en canto se difunda a súa obra será un autor moi popular."



Open publication - Free publishing - More educacion


Os alumnos e alumnas de 6º iniciaron o festival con esta semblanza de Lois Pereiro. Esperamos que vos guste:

luns, 9 de maio de 2011

Educar en saúde. Obradoiro de Nutrición

O luns 2 de maio e hoxe, luns 9 de maio, desenvolveuse no noso centro un obradoiro de nutrición para 5º e 6º de Primaria, dentro da programación de "Educar en Saúde" do Concello de Fene para o curso 2010/11. Nesta actividade tratáronse hábitos saudables e a toma de decisións. Hoxe, 9 de maio Teruca Duarte, farmacéutica e especialista en Nutrición, explicounos en que consiste un almorzo saudable. Nos dixo que:
  • As galletas que mellor saben son as que máis calorías teñen. Debemos moderar o seu consumo.
  • Que un día non pasa nada por tomar un refresco, pero non se deben tomar diariamente.
  • Beber auga todos os días (cando menos 1,5 l diarios).
  • Unha boa merenda para o recreo sería unha cenoria.
  • Os zumes envasados deben consumirse con moderación, pois teñen moi pouco contido en froita e moito en azucre. Mellor consumir zumes de froita natural.
  • Procuremos consumir alimentos naturais, como froita, pan, ...
  • Os alimentos non son malos, pero si o consumo abusivo e descontrolado.

    Preparamos un almorzo saudable, con tomate triturado, pan e aceite de oliva virxe





Aqui estamos degustando tan sabroso alimento!!!!






Día da mandarina. Martes 9 de Novembro de 2010

O martes 9 de novembro foi o día da mandarina.

mércores, 13 de abril de 2011

13 de abril, Día da fresa


A fresa é unha das froitas máis apetecibles polas súas propiedades culinarias, nutricionais e terapéuticas, unidas ao seu atractivo aspecto e delicioso sabor. É para moitos a raíña das froitas.
As fresas son, en realidade, un falso froito. Os verdadeiros froitos son os pequenos grans que vemos na superficie.
BENEFICIOS
  •      Son laxantes, debido ao seu contido en fibra soluble. Facilitando o tránsito intestinal.
  •      Regulan a función hepática, axudando a limpar e depurar o noso organismo. Aconselladas en caso de hepatite.
  •      Axudan a normalizar a presión arterial, polo baixo contido en sodio e graxa.
  •      Polo seu alto contido en fibra, impide o depósito de colesterol nas paredes das arterias.
  •      Son diuréticas. Aumentan a produción de ouriños e facilitan a eliminación de ácido úrico.
   CONVÉN SABER QUE … 
      Polo elevado contido en ácido salicílico, poden producir reaccións alérxicas.