luns, 28 de marzo de 2011

"A perda de autoridade é un problema de toda a sociedade, non é específico da aula"

A edición dixital de El País, publica unha entrevista con M. José Díaz Aguado, Catedrática de Psicoloxía da Educación da Universidade Complutense.
É unha entrevista moi interesante, que todos os que temos contacto coa educación deberiamos ler (pais/nais/profesorado). Unha das afirmacións que fai en dito artigo é a que dá orixe ao título desta entrada.
Sobre o acoso escolar, Díaz Aguado afirma: "sempre existiu, o que pasa é que agora se fixo visible".
O motivo da entrevista é a presentación do Informe do Observatorio Estatal da Convivencia Escolar.
Sobre a perda da autoridade do profesorado, afirma que non é un problema dos centros educativos, senón da sociedade. Un 52 % das familias sinten que perderon a autoridade.
Díaz-Aguado argumenta que a escola debe exercer autoridade de referencia. Esto é: exercer a autoridade e transmitir confianza.
É unha entrevista moi interesante, non deixedes de lela.
Preme no enlace e conducirache a ela:

Ningún comentario:

Publicar un comentario