domingo, 3 de abril de 2011

DÍA DA ÁRBORE E DA AUGA

O venres 1 de abril os escolares do Concello de Fene celebramos o Día da Árbore e da Auga.
Os alumnos e alumnas dos colexios do Concello foron a unha finca que está no alto de Marraxon para facer unha plantación de carballos (árbore autóctona dos bosques da nosa zona). Hoxe en día, o que existe é un monocultivo do eucalipto.
Non temos fotos da plantación en Marraxón, pero en canto as teñamos publicarémolas no blog.
No centro quedou o alumnado de E. Infantil. No xardín e, coa axuda de Antón o xardiñeiro do Concello, os pequenos plantaron unha laranxeira. A continuación tedes as fotografías. Valorade por vós mesmos o traballo que aquí fixeron.

Ningún comentario:

Publicar un comentario