luns, 1 de abril de 2013

Xornadas do Almorzo Saudable no CPI A Xunqueira

Despois do traballo desenvolvido nas aulas en torno á importancia de almorzar e de facelo de maneira saudable, cada nivel de Infantil e Primaria celebrou a xornada do almorzo saudable. Esta xornada levouse a cabo na cafetería do centro.
  • O menú para Infantil e 1º ciclo de Primaria foi un sandwiche de xamón e queixo con froita e zume de laranxa.
  • Para 2º e 3º ciclo foi un almorzo tipo buffet. Cada un preparaba o seu propio almorzo tendo en conta o grupo de alimentos que debe formar un almorzo saudable: lácteos, cereais e froita.
Todas as xornadas foron moi ben acollidas polo alumnado participante. Iremos publicando os vídeos coas imaxes recollidas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario