venres, 21 de febreiro de 2014

Visita ao Campus de Ferrol

Os alumnos/as de 4º de Secundaria do noso centro visitaron o Campus de Ferrol. Foron recibidos no salón de actos do Campus, pasando posteriormente a facer o percorrido polas instalacións de Ferrol e Serantes.

martes, 18 de febreiro de 2014

Exposición "Día de San Valentín"

O venres 14 de febreiro o noso centro abreu as súas portas cheo de corazóns e de mensaxes de amor. Na entrada, baixo un debuxo de Cupido, podiamos ver unha cesta cunha morea de poemas de amor. Murais colgados do teito, pegados polas paredes, recordáronnos ese día. O 14 de febreiro non é só o día dos namorados/as, tamén é o día da amistade.  Regalar un poema a unha persoa para nós especial é un bonito detalle que agrada a quen o fai e a quen o recibe.
Vide visitar a nosa exposición, seguro que vos gusta!!


venres, 14 de febreiro de 2014

Protocolo Absentismo escolar

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dentro das súas competencias, dita as Instrucións do 31 de xaneiro de 2014, co propósito de trasladar o protocolo xeral e de facilitar a súa aplicación nos centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Protocolo Absentismo Escolar

domingo, 9 de febreiro de 2014

luns, 3 de febreiro de 2014

Paraugas pola Paz: O día da Paz no CPI A Xunqueira

Así foi a celebración do Día escolar pola Paz e a non Violencia. Debido ao mal tempo, os ciclos e niveis foron pasando pola biblioteca para facer unha lectura de poemas, cantar cancións ou reflexionar sobre o que significa este día. Tamén, cada clase decorou paraguas con lemas e debuxos de Paz que adornan a entrada do centro.
Ahí vai o vídeo. Agardamos que disfrutedes!!

Libro de Paz, dos alumnos/as de 3º de Primaria

Este foi o traballo que prepararon os alumnos e alumnas de terceiro de Primaria. Estes poemas foron leídos no acto que, con motivo do Día da Paz, tivo lugar na biblioteca do noso centro.