martes, 24 de xuño de 2014

Entrega de premios e diplomas do II Concurso de Sobremesas

O martes 17 de xuño celebramos no noso centro o II Concurso de Sobremesas con froitas. Aproveitouse a ocasión para entregar os premios dos concurso de marcapáxinas e fotografía convocados polo Equipo de Normalización Lingüística.
O éxito deste concurso está na alta participación e compromiso dos pais e nais, pois sen esa gran axuda os alumnos/as non poderían participar. Para todos eles van as nosas grazas, por facer desta xornada un día tan especial.
É por iso que este ano repartíronse os diplomas públicamente. Aínda que os gañadores foron só tres, os participantes son merecedores dos aplausos de toda a comunidade.
Grazas a tod@s!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario