xoves, 26 de xuño de 2014

Previr axuda a decidir



Este curso quixemos facer partícipe ao alumnado 3º de ESO do proxecto Quérote +, pareceunos interesante continuar traballando a Convivencia, a Imaxe persoal e a Sexualidade e darlle continuidade a un proxecto que xa se iniciara no curso 2012/2013. 

Ademais das charlas das educadoras do centro Quérote o alumnado realizou actividades para potenciar a  autestima,  o autoconcepto e a igualdade, realizadas dentro do Plan de Acción Titorial. Traballaron creando carteis sobre a violencia de xénero (axudados por alumnado de outros cursos), visionaron e debatiron sobre a película "Quiero ser como Beckham", ...


Podedes ler na nosa revista "O Xunquiño de Verán" un artigo con reflexións sobre os temas tratados.  







....Esperamos poder continuar facendo o proxecto...



Ningún comentario:

Publicar un comentario