xoves, 11 de xuño de 2015

I Mostra da Ciencia e da Tecnoloxía

O pasado venres 5 de xuño, e como broche final ao Preguntón, levouse a cabo noo noso centro a I Mostra da Ciencia e da Tecoloxía. Foron os alumnos/as de 4º de Secundaria os encargados de preparar 20 probas ás que os alumnos/as de Primaria deberían de dar resposta. Os grupos de Primaria, identificados por nomes de animais; eran mixtos (de varios cursos). Cada grupo levaba un encargado (de 3º/4º de ESO).
Resultou unha actividade realmente motivadora e gratificante. Todos o pasamos moi ben.
Agradecer ao alumnado de 3º e 4º de Secundaria o traballo desenvolvido, pois foi grazas a eles/as o éxito desta xornada.
Grazas chic@s!!!

...

Ningún comentario:

Publicar un comentario