25 de Novembro, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller

"A violencia é, quizais, a máis violenta violación dos dereitos humanos e quizais a máis xeneralizada. Non coñece límites xeográficos, culturais ou económicos. Mentres continúe non podemos afirmar que esteamos a lograr progresos reais cara á igualdade, o desenvolvemento e a paz" Kofi Annan, Ex Secretario Xeral Nacións Unidas e premio nobel da Paz 2001
As Nacións Unidas na súa 85ª sesión plenaria, o 20 de decembro de 1993, ratificou a Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller, na que lla recoñece como un grave atentado contra os dereitos humanos e «insta a que se fagan todos os esforzos posibles para que sexa [a declaración] universalmente coñecida e respectada». Define a violencia contra a muller no seu primeiro artículo:
"Para os efectos da presente Declaración, por "violencia contra a muller" enténdese todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano ou sufrimento físico, sexual ou sicológico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se se producen na vida pública como na vida privada."
Tamén as Nacións Unidas, en 1999, por proposta da República Dominicana co apoio de 60 países máis, aprobou declarar o 25 de novembro Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.



Declaración sobre a eliminación da violencia contra a muller:

http://daccess-dds-ny.un.org/doc/UNDOC/GEN/N94/095/08/PDF/N9409508.pdf?OpenElement

Te doy mis ojos
A película "Te doy mis ojos" dirixida por Icíar Bollaín, é unha película imprescindible para o tema que nos ocupa: A violencia de xénero. Describe unha situación delicada que, coa forza da exposición cinematográfica, narra as contradicións e incoherencias que se producen sen caer na ambigüidade moral.
O filme é conducido por uns personaxes, reais e próximos a nós, aos que se pode comprender.
Toda unha lección de vida, que non podemos nin debemos esquecer. A ignorancia e a falta de comprensión ante estas situacións non fan senón perpetualas. Debemos, pois, estar atentos.
 


O venres 26 de Novembro celebramos un acto conmemorativo con motivo do Día Internacional da violencia de xénero.
O venres 26 de Novembro celebramos un acto conmemorativo con motivo do Día Internacional da violencia de xénero.



Open publication - Free publishing - More sport
Esta é a presentación elaborada polos alumnos/as do Equipo de Normalización Lingüística:



POEMAS

Xan” de Rosalía de Castro
Xan vai coller leña ó monte,
Xan vai a apañar o esterco,
Xan vai podar as viñas,
Xan vai a apañar o esterco,
e leva o fol ó muíño,
e trae o estrume ó cortello,
e vai á fonte por auga,
e vai á misa cos nenos,
e fai o leito e o caldo…
Xan, en fin, é un Xan completo,
deses que a cada muller
lle conviña un polo menos.
Pero cando un busca un “Xan”,
case sempre atopa un “Pedro”.
Pepa, a afortunada Pepa,
muller do Xan que sabemos,
mentres seu home traballa,
ela lava os pés no rego,
cátalle as pulgas ó gato,
peitea os longos cabelos,
bótalles millo ás galiñas,
marmura co irmán do Crego,
bota un ollos ós mazanceiros,
e lambe a nata do leite,
e se pode bota un neto
coa comadre, que agochado


Condición de muller” de Fran Alonso
Condición de muller,
destino centrifugado.
Condición de muller facendo tortillas.
Condición de muller na sorte das bateas.
Condición de muller neste barco de serrín.
Condición de muller nos ollos dos obreiros de goma.
Condición de muller nun home beluso que anda á viruta.
Condición de mulemba, muller de malembe,
esperanza rota.
Condición de muller, puta triste e taberneira.
Condición de muller, baleiro nas poteiras, almofadas
rotas.
Bragas, sucias.
Condición de muller