O Nadal chega ao CPI A Xunqueira

Visita das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente e Papá Noel
O último día de clase do ano 2010 recibimos no nos cole dúas visitas moi importantes:
Papá Noel e as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente. Foron polas aulas visitando a todos os alumnos e alumnas que con eles quixeron falar. Aos Reis Magos entregáronlles as cartas, que un paxe foi metendo nun saco.
FESTIVAL DE NADAL: 21 DE DECEMBRO
O martes 21 de decembro celebramos o Festival de Nadal todos os alumnos/as e profesores/as de Infantil e Primaria xunto cos pais/nais, avós/as, tíos/as, ... Compartimos este momento con toda a Comunidade Educativa, aínda que o son (por non variar) xogounos de novo unha mala pasada.
Aquí recollemos os momentos máis interesantes das actuacións:
Co mes de decembro chegan os exames, as avaliacións,as notas... pero tamén chega o Nadal. No noso colexio ademais de traballar nas clases para este fin de trimestre tamén temos tempo para organizar a Festa de Nadal. Dende colaborar na elaboración do Belén, coma no Festival ou no concurso de tarxetas ...Participamos con ilusión, sen importarnos o traballo que supón.
É o noso agasallo para este Nadal. Felices Festas!!


Acabamos de recibir un email cun vídeo para todos os nenos e nenas do CPI A Xunqueira. No vídeo aparecen as Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente enviando unha mensaxe a todos os escolares no noso cole.
Aí vai o vídeo: