RECOLLIDA SELECTIVA DE LIXO

"Só cando se corte a última árbore; cando se envelene o último río; cando se mate o último animal; entón o home branco darase conta de que o diñeiro non se come" (Proverbio indio atribuído ao xefe Seattle)
O noso lema:
“Lixo separado, non é lixo”
OBXECTIVO
  • Mellorar a limpeza do centro, en especial as zonas comúns e o patio. Facilitar un ambiente cómodo e grato de traballo e relación. 
  • Fomentar o respecto da propiedade social que é o centro. 
  • Promove-la participación activa da comunidade escolar na limpeza do noso centro.
  • Fomentar a conciencia ambiental na comunidade educativa.
  • Promover entre o alumnado a importancia do centro como propiedade de todos/as.



Recollida selectiva nas aulas
Nas aulas tamén clasificamos os residuos.
En todas as aulas hai unhas caixas con dous caixóns que se utiliza para clasificar o papel usado. Nun caixón métese o papel fotocopiado por unha cara e que pode ser reutilizado, e no outro o papel que é para reciclar. Só utilizamos folios en branco para cousas importantes.
Os envases plásticos (a maioría dos residuos que xeramos son de envoltotios de chuches) métense nunha papeleira de cor azul.


SOS Amigos da Terra